O proxecto
A autora
Esta reportaxe multimedia foi realizada por Carlota Lázaro Silva como Traballo de Fin de Grao de Xornalismo e Comunicación Audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela no ano 2022. Este proxecto nace coa intención de contribuír á posta en coñecemento do escándalo laboral que supuxo o uso masivo de amianto nos estaleiros ferrolanos e as súas fragatas. Os efectos da exposición dos traballadores ás fibras tóxicas deste mineral comezaron a ser visibles na década dos 90 e dende entón a cifra de falecidos non deixou de crecer.
"Amianto: a morte silandeira" é un traballo de divulgación sobre a natureza do asbesto e os seus efectos nocivos para a saúde, un documento para a memoria desta parte da historia de Ferrol e unha posta en valor das vítimas que perderon a súa vida por respirar continuamente, sen sabelo, estas fibras velenosas.
Agradecementos
Rafael Pillado
Dr. Carlos Piñeiro
Dra. Carmen Diego
Domingo Varela
Ramón Río
Víctor Manuel López
Manuel María Regueiro
Eduardo Feal
César Toimil
Emilio García Juanatey
AGAVIDA
Roberto Amado
Ángela Bellón
Carlos Pedrosa
Jose Manuel Lamas
Iván Puentes
Ola! Son Carlota, estudante de último ano de Xornalismo e Comunicación Audiovisual. Crecín en Ferrol, unha cidade á que me sinto moi arraigada.
Este proxecto nace dunha forte implicación persoal na cuestión do amianto no sector naval ferrolán, pois fun testemuña da súa cara máis dura ao acompañar ao meu avó no transcurso do cancro de pulmón que lle provocou o asbesto presente en varios buques militares nos que navegou. Un cancro que puxo fin á súa vida en xuño de 2021 tras un ano de profunda dor e de idas e vindas ao hospital.
Vivir de primeira man a crueza da súa enfermidade espertou en min a necesidade de contribuír con esta peza a dar visibilidade a este problema, agardando que axude dalgún xeito a que esta inxustiza do pasado, cuxos efectos aínda afectan a tantas familias, non sexa borrada polo paso do tempo.

Falemos
Este é un espazo aberto á escoita da túa historia. Non dubides en poñerte en contacto!