Unha vida de loita ata o final
Rafael Pillado non lle permite á enfermidade apagar o espírito reivindicativo que lle acompañou sempre. Quere pasar o tempo que lle quede rodeado da súa familia na antiga casa dos seus pais, coa calma de estar preto do mar en Esmelle, pero sen desatender a loita. A pesar de que o cansancio propio da enfermidade cada vez se nota máis, nos últimos meses participou nos actos reivindicativos polo 50 aniversario do 10 de marzo do 72. Agarda con ánimo o día do seu xuízo, previsto para setembro, co que pretende conseguir a maior repercusión pública posible e sentar precedente para que os que veñan despois logren as mellores condicións posibles. Para seguir abrindo camiño e facendo xustiza polos que conviven con estas enfermidades e polos que xa non están.
“O cancro acurta a miña vida pero é algo que non me agobia. Seguirei traballando pola xente que tamén está afectada”